A parroquia de Merlán comeza mañá as súas festas

A parroquia de Merlán en Palas de Rei celebra as súas festas na honra a Santa Petronila esta fin de semana.
O sábado as celebracións darán comezo ás 13.30 cunha misa para continuar cunha sesión vermú a cargo do grupo Puzzle.
Xa pola noite a verbena contará de novo coa actuación do grupo Puzzle e do Dj Marcoss_om.
O domingo volverase celebrar unha misa ás 13.30 e a continuación unha sesión vermú amenizada pola orquestra Trebol.
A verbena da noite dará comezo ás 20.00 a cargo da orquestra Trebol.