A parroquia de Merlán comeza mañá as súas festas

LugoXa
A parroquia de Merlán, en Palas de Rei, comeza mañá a celebración das súas festas na honra a Santa Petronila
Festas Merlan portada
Festas Merlan portada
2 jun 2023

A parroquia de Merlán en Palas de Rei celebra as súas festas na honra a Santa Petronila esta fin de semana.

O sábado as celebracións darán comezo ás 13.30 cunha misa para continuar cunha sesión vermú a cargo do grupo Puzzle.

Xa pola noite a verbena contará de novo coa actuación do grupo Puzzle e do Dj Marcoss_om.

O domingo volverase celebrar unha misa ás 13.30 e a continuación unha sesión vermú amenizada pola orquestra Trebol.

A verbena da noite dará comezo ás 20.00 a cargo da orquestra Trebol.

Festas Merlan