A parroquia de Orbazai remata as súas festas
LugoXa
Os veciños poderán desfrutar de pasacalles a cargo de Airiños de Orbazai
27 Sep 2024
A parroquia lucense de Orbazai remata esta fin de semana celebración das súas festas na honra ao San Miguel que comezaron o día 20 cunha churrascada popular e unha verbena amenizada pola orquestra El Combo Dominicano e un Dj. O programa continuará este sábado 28 de setembro a partir das 11 da mañá con pasacalles a cargo de Airiños de Orbazai, seguida de misa solemne ás 13.30 horas e sesión vermú.
A verbena á noite estará protagonizada pola orquestra La Travesía. No descanso, a comisión organizadora sorteará un patinete eléctrico. O domingo 29 rematan as súas festas con misa solemne de novo, procesión con Airiños de Orbazai e sesión vermú tamén a cargado desta formación e do trío D´Caché.