A parroquia de Penamazada de Pol celebra este sábado a segunda xuntanza campestre

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A celebración contará coa Coral Airiños do Miño - Meira que abrirá o acto nunha misa solemne
xuntanza-campestre-penamazada
Cartel
30 Ago 2024

A parroquia de Penamazada de Pol repetirá este sábado, 31 de agosto, a Xuntanza Campestre, que ten como obxectivo compartir unha cálida tarde rememorando os tempos onde nese mesmo campo, se reunían moreas de familias para desfrutar das merendas.

A celebración contará coa Coral Airiños do Miño - Meira que abrirá o acto nunha misa solemne que terá lugar ás 13:30 horas e cuxa actuación está subvencionada pola Deputación de Lugo grazas ao programa Tradigalu. Despois dará comezo a xa mencionada xuntanza.

Para asistir hai que adquirir uns tickets que teñen un valor de 30 euros por persoa e no que se comerá paella, churrasco, bebidas, sobremesa e café.

0.29036116600037