A parroquia de Vilareda comeza mañá as súas festas
LugoXa
A parroquia de Vilareda, en Palas de Rei, comeza mañá as súas festas que se extenderán o longo de toda a fin de semana
18 Ago 2022
A parroquia de Vilareda, en Palas de Rei, comeza mañá as súas festas na honra da Virxe dos Desamparados. As celebracións comeza ás 21.30 con unha liscada gratis e a actuación do dúo Dilema.
O sábado ás 13.00 celebrarase unha misa solemne e seguidamente unha sesión vermú co grupo Puzzle. Pola noite a verbena correrá a cargo do grupo Puzzle e o Dj David Expósito.
O domingo 21 a misa terá lugar ás 13.00 para continuar coa sesión vermú a cargo da orquestra Alianza. Pola tarde haberá festa infantil ás 18.00 a cargo de Aloumiño con xogos populares e partido de fútbol. E para finalizar as festas ás 19.00 unha sesión de tarde a cargo da orquestra Alianza