A parroquia mindoniense de Viloalle estará en festas o 7 e o 8 de setembro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
22 Ago 2019

A parroquia mindoniense de Viloalle vivirá as súas festas adicadas á Nosa Señora os días 7 e 8 de setembro.

A cita comezará o sábado día 7, ás 13 horas, coa celebración dunha misa solemne e a continuación a procesión coa imaxe da Santa.

Na sesión vermú posterior actuará o grupo Blue Star que estará acompañado polo Dúo Epo-K na verbena.

Xa para o domingo, 8 de setembro, ás 13 horas está previsto que se celebre outra eucaristía seguida de procesión e tamén de sesión vermú co Dúo Epo-K.

 

0.18804883956909