A partir de mañá haberá cortes no tráfico na estrada de Mesón Novo con Chao de Vaga
A Deputación de Lugo informa de que os traballos para a rehabilitación do firme da estrada LU-P-1911, de Mesón Novo a Chao de Vaga por Ventorrillo, á altura da Fonsagrada, obrigarán a realizar cortes de tráfico dende mañá, xoves 24 de agosto, e durante un prazo estimado de 6 días. A vía cortarase por tramos, quedando sinalizados debidamente os desvíos.
Esta actuación afecta a uns cinco quilómetros da estrada, dende o seu inicio ata o quilómetros 4,345 e do punto quilométrico 6,073 ao 6,822. A institución provincial destina preto de 300.000€ a estes traballos que foron adxudicados á empresa Desarrollos y Metas S.L.
Nesta estrada levouse a cabo a limpeza dos laterais, obras de drenaxe e, tras a pavimentación con aglomerado en quente, a obra rematarase coa sinalización.
Este proxecto súmase ao xa acometido pola Deputación de Lugo ata Chao de Vaga, cun investimento doutros 200.000€.