A partir de mañá haberá cortes no tráfico na estrada de Mesón Novo con Chao de Vaga

LugoXa
A Deputación adxudica na Fonsagrada as obras da estrada de Mesón Novo a Ventorrillo por case 300.000 euros
310723 Rehabilitación LU P 1911 A Fonsagrada
310723 Rehabilitación LU P 1911 A Fonsagrada
23 Ago 2023

A Deputación de Lugo informa de que os traballos para a rehabilitación do firme da estrada LU-P-1911, de Mesón Novo a Chao de Vaga por Ventorrillo, á altura da Fonsagrada, obrigarán a realizar cortes de tráfico dende mañá, xoves 24 de agosto, e durante un prazo estimado  de 6 días. A vía cortarase por tramos, quedando sinalizados debidamente os desvíos. 

Esta actuación afecta a uns cinco quilómetros da estrada, dende o seu inicio ata o quilómetros 4,345 e do punto quilométrico 6,073 ao 6,822. A institución provincial destina preto de 300.000€ a estes traballos que foron adxudicados á empresa Desarrollos y Metas S.L.

Nesta estrada levouse a cabo a limpeza dos laterais, obras de drenaxe e, tras a pavimentación con aglomerado en quente, a obra rematarase coa sinalización. 

Este proxecto súmase ao xa acometido pola Deputación de Lugo ata Chao de Vaga, cun investimento doutros 200.000€.

0.19943904876709