A Piringalla celebra as súas festas de San Isidro entre o 12 e o 17 de maio

LugoXa
A Piringalla celebra as súas fesas de San Isidro entre o 12 e o 17 de maio con cindo días cheos de música e celebración
Piringalla portada
Piringalla portada
1 may 2023

A Piringalla celebra as súas festas de San Isidro durante seis días.

As celebracións darán comezo o venres 12 ás 17.00 cunha actuación dun grupo de gaitas para continuar ás 19.30 cun sorteo e as 20.00 cunha degustación de empanadas.

Ás 21.00 será a quenda do pregón a cargo de Javier Arias e ás 21.30 haberá outro sorteo. Para finalizar a xornada ás 23.15 dará comezo a verbena amenizada pola orquestra Pontevedra. 

O sábado ás 12.00 e ás 19.00 haberá unha actuación do grupo de gaitas e ás 22.30 dará comezo a verbena a cargo da orquestra Saudade e o solista da orquestra Abanico, Jose Manuel. 

Similar ao sábado será a xornada do domingo que contará coa actuación do grupo de gaitas ás 12.00 e ás 19.00 e para rematar a verbena ás 22.45 a cargo do Combo Dominicano e Javi Show. 

O luns as celebracións darán comezo cunha misa con procesión na igrexa da Milagrosa ás 12.30. Xa pola tarde, ás 18.00 actuará un grupo de Zumba e ás 19.00 o grupo de gaitas. 

O martes, ás 19.00 volverá ser a quenda do grupo de gaitas para continuar ás 22.45 coa actuación da orquestra Cinema e o dúo Dilema. 

Para finalizar as festas da Piringalla o mércores 17 haberá actuación do grupo de gaitas ás 12.00 e ás 19.00 e ás 18.00 será a quedan do grupo de Zumba.

Festas Piringall