A Piringalla, protagonista dunha ruta narrada para descubrir a súa historia e identidade

LugoXa
A Asociación Cidadá Agra dos Castros organiza este sábado unha actividade para percorrer o barrio desde unha perspectiva diferente, combinando memoria, territorio e emocións
lois-perez-portada
9 Nov 2026

O vindeiro sábado 14 de novembro, a Asociación Cidadá Agra dos Castros convida a veciñanza a participar nunha interesante ruta narrada polo barrio da Piringalla, unha proposta que busca achegarse á realidade do barrio a través da súa historia, dos seus espazos e das vivencias que conforman a súa identidade.

A actividade estará guiada por Lois Pérez, que acompañará as persoas participantes neste percorrido baixo o título 'A aldea necesita + feeling: Psicoxeografía da Piringalla'. Unha experiencia para mirar o barrio con outros ollos, descubrir os seus recunchos e reflexionar sobre a relación entre as persoas e os lugares que habitan.

A ruta comezará ás 11:30 horas e prolongarase ata as 13:30 horas, con saída desde o Auditorio Gustavo Freire.

Unha oportunidade para coñecer mellor a Piringalla, reivindicar a súa memoria colectiva e compartir unha mañá de cultura e convivencia arredor do barrio.

0.15582299232483