A plataforma de traballadores de auxiliares apoiará a Alcoa na manifestación
A plataforma das auxiliares de Alcoa San Cibrao amosarán o seu apoio na manifestación convocada polo comite de Alcoa para o vindeiro dia 26 de febreiro en Lugo.
Deste xeito farán un chamamento a todos os traballadores das empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao a secundar a manifestación.
"Estamos na recta final do proceso de alegacións do estatuto das empresas electrointensivas, e debemos mandar unha mensaxe forte e clara ao Goberno do estado para que atenda as alegacións feitas dende os diferentes sindicatos", din desde a plataforma.
Ademais, agradecen o convite realizado pola Vicepresidencia da Deputación provincial de Lugo, a participar na reunión conxuntamente co comité de Alcoa, recoñecendo así, á representación dos traballadores das empresas auxiliares de Alcoa. E tamén ao comité de Alcoa por poñerse en contacto con eles.