A Plataforma en Defensa da Sanidade demanda a xestión pública da nova residencia

LugoXa

A Plataforma en Defensa da Sanidade e Especialidades do Hula e a Plataforma Cidadanía e Saúde manifestan a súa clara oposición a que como anuncia a Xunta e a Consellería de Política Social se xestione a Residencia da Terceira idade a través dun ente privado.

residencia fundacion amancio ortega maiores
residencia fundacion amancio ortega maiores
18 nov 2023

A Plataforma en Defensa da Sanidade e Especialidades do Hula e a Plataforma Cidadanía e Saúde manifestan a súa clara oposición a que como anuncia a Xunta e a Consellería de Política Social se xestione a Residencia da Terceira idade a través dun ente privado. Con apertura prevista para o día 1 de marza de 2024.

"Con este plan, a Xunta de Galicia e a Consellería de Política Social demóstrannos que son uns incapacitados en xestión pública, xa non foron capaces de construír a Residencia e esperaron a que Amancio Ortega ofrecese a súa construción e agora tampouco son capaces de xestionala e por isto pretenden sacar a concurso a súa xestión, algo que repetimos non aceptamos e queremos que nos expliquen a que amigo hai que darlle un beneficio lucrativo dun ben público, para experiencia xa tivemos bastante coas residencias xestionadas por privadas durante a pandemia. Non queremos este tipo de xestores en ningunha Conselleira do Goberno Autonómica", din.

O 6 de maio de 2016 os membros destas Plataformas reuníronse no seu despacho de Santiago co conselleiro naquel entón, José Manuel Rey Varela, para solicitarlle para Lugo unha nova residencia de máis de 150 prazas, en cuxa reunión comprometeuse a crear esta a partir do ano 2017.

"Agora pretenden poñer en servizo unha residencia con menos prazas das solicitadas e onde parece non ofertan nin un tenche en pé a media mañá e a media tarde", din.

"Este espazo do mesmo xeito que o Centro de Saúde Integral, nacen sen un aparcadoiro público funcionando para a súa inauguración. Parece que se deron conta agora cando están a terminar as obras, e que non hai onde aparcar entón púxose a construír un con pouco número de prazas e veremos en que condicións, o cisco vai ser tremendo pola súa enumerada incapacidade de xestión e a escaseza de prazas para o elevado número de persoas que accedera ao conxunto das instalacións", conclúen.

Afirman que se isto non se lle dá unha nova solución de xestión e medios, poderán plantarse un boicot á súa inauguración para resaltar o malestar "nas súas actuacións con Lugo".