A Plataforma en Defensa da Sanidade invita á mobilización do luns

TerraChaXa | LugoXa
Tralo anuncio de que Alcoa ten intención de iniciar o próximo 25 de xuño un proceso formal de consultas para un expediente de regulación de emprego ou ERE, que afecta a 534 empregos da planta de aluminio de San Cibrao e á perda de polo menos 400 empregos das empresas auxiliares, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña quere amosar o seu total apoio ás e aos traballadores da factoría e das empresas auxiliares afectadas así como ás súas familias.
portada_porteros
18 Xuño 2020

A decisión da empresa de botar á rúa a preto de 1000 traballadores supón unha fenda brutal para o desenvolvemento económico, industrial e de emprego da comarca e obrigará a gran parte da poboación a marchar fora en busca de oportunidades laborais.

Desde este colectivo apoian e sumanse ás mobilizacións en defensa dos empregos e do desenvolvemento industrial da comarca.

O colectivo sanitario apoiará e participará, do mesmo xeito, na manifestación que o vindeiro luns 22 de xuño sairá desde o Hospital da Mariña ás oito da tarde, baixo o lema Queremos futuro para a Mariña.

Así, aman a todos os veciños da comarca a que acudan de forma masiva a esta convocatoria, pois "só coa loita seremos quen de frear esta sangría económica, laboral e sociodemográfica que nos asola", relatan dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña.

0.17972183227539