A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública apoia a mobilización do 8M

TerraChaXa | LugoXa
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública ven de comunicar o seu apoio aos actos que se desenvolverán o vindeiro domingo 8 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller.
5 Mar 2020

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública ven de comunicar o seu apoio aos actos que se desenvolverán o vindeiro domingo 8 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller.

Do mesmo xeito quere animar a toda a comarca para que acuda o devandito día á manifestación que, co lema Sen coidados non hai vida. mudando o sistema,derrubando o patriarcado,  celebrarase na localidade de Foz, con saída ás 12 horas da praia da Rapadoira para rematar na praza Conde Fontao.

A mobilización do 8 de marzo cubrirá básicamente os tres eixos de traballo. En primeiro lugar, o de consumo, que trata de concienciar sobre a necesidade dun consumo consciente que incida na necesidade de empregar ferramentas diferentes para rachar coa roda do capitalismo.  Un segundo eixo de traballo son os coidados, tomando como tales os traballos imprescindibles para a reproducción da vida, que a sociedade asignou ás mulleres, e impulsando que a asunción destas tarefas teñen que ser asumidas polo conxunto da sociedade. O último eixo de traballo é o territorio, campo de batalla contra o capitalismo e no que o papel das mulleres e o feminismo debe ser a súa  defensa.

 

0.098376035690308