A Plataforma Galega Vivenda Xa organiza en Fingoi unha charla para ensinar aos inquilinos a defender os seus dereitos

A Plataforma Vivenda Xa! organiza este xoves, 12 de novembro, un encontro aberto ao público baixo o lema 'Autodefensa inquilina: seremos unha muralla contra os abusos'. A actividade celebrarase ás 20:00 horas na Casa da Convivencia de Fingoi, en Lugo.
O acto contará coa participación de Miguel Vieito, avogado especialista en dereitos do inquilino, que ofrecerá información e ferramentas prácticas para coñecer e defender os dereitos das persoas que viven de alugueiro fronte a posibles abusos e situacións de vulnerabilidade no mercado da vivenda.
A iniciativa busca achegar asesoramento e coñecementos xurídicos á cidadanía, favorecer a organización colectiva das persoas inquilinas e promover a defensa dos seus dereitos ante as dificultades de acceso á vivenda e os problemas que afectan a quen reside en réxime de alugueiro.