A plataforma sanitaria cualifica de inexactos os datos do Sergas sobre o de persoal sanitario

TerraChaXa | LugoXa
A Plataforma Sanitaria cualifica de irresponsables e alonxados da realidade  os datos sobre o aumento do persoal de enfermería e facultativo na provincia de Lugo.
30 Nov 2019

A Plataforma Sanitaria cualifica de irresponsables e alonxados da realidade  os datos sobre o aumento do persoal de enfermería e facultativo na provincia de Lugo.  Aseguran os activistas sanitarios que parece que Ramón Ares, xerente da EOXI de Lugo- Cervo- Monforte , "vive nun mundo paralelo ao das veciñas e veciños  da comarca, que día a día sufren a merma de servizos sanitarios por mor da insuficiente dotación de persoal ,sumado ao déficit nas substitucións do persoal en vacacións , permisos ou baixas médica"s.

Por outra banda, queren facer un exercicio de memoria, por se tanto a xerencia como a dirección do hospital sofren de lagoas, e lembrarlles que seguimos a padecer una deficiencia  cuantificable no número de pediatras de familia nos nosos centros de saúde , agravados polo feito de que as ausencias xustificadas das mesmas  non son substituídas ou substitúense de forma parcial, creando problemas de atrasos en exames de saúde e de atención a demanda por patoloxías que xurden, urxentes ou non. Estes mesmos problemas están a verse no persoal sanitario de familia, de xeito que hai serios problemas  de atrasos en consultas na atención primaria.

No ámbito hospitalario, en contra do que parece ao ler as declaración nos medios dos responsables do Sergas, a situación é caótica.Sumado aos novos contratos por mor da ampliación, precarios e indignos xa que non permiten nen un ápice de estabilidade ao estar asinándose mes a mes,  engádese a fuxida en desbandada cara a outros hospitais, a poucos quilómetros de aquí , e cara a Euskadi en busca de estabilidade . este feito provoca que a día de hoxe non se atopen profesionais nas listas de contratación para substitucións, e temos á volta da esquina o período vacacional de nadal.

A coordinadora da Plataforma comenta preocupada que "en poucos días teremos na comarca un problema de gran magnitude ao non contar con persoal para substituir as vacacións e os permisos pendentes de desfrutar ,e non descartamos que  se poduzan movementos de protesta. Os recortes nos servizos básicos como a sanidade non producen aforro e lembrámoslle ás xerencias que  ao final o barato sae caro”.

O portavoz da Plataforma Sanitaria, Víctor Vila quere salientar a falta de sensibilidade e solidariedade que amosan desde o Sergas ao falar nos medios de comunicación das "bondades dos chamados contratos de continuidade, que lonxe de solucionar a problemática da falta de estabilidade que existe,  afonda na precariedade e avoga á escravitude a estos profesionais. Por iso este colectivo apoia e solidarízase coas enfermeiras eventuais en loita alzando a nosa voz ao seu carón”- explica.

"A supresión do segundo técnico da ambulancia medicalizada na comarca non está a lograr os obxectivos que nos venderon desde o Sergas, xa que ante calquera emerxencia que obrigue a desplazar una ambulancia medicalizada, non son suficientes os recursos humanos dos que se disponen actualmente, e debe mobilizarse na maior parte dos casos una segunda ambulancia de soporte vital básico para reforzar" din desde a Plataforma.

"Se o que querían era aforrar están a conseguir o efecto contrario e a maiores están a causar un gran malestar ao persoal do devandito servizo ao menoscabar a súa máis que demostrada profesionalidade e impecables actuacións nas emerxencias” conclúen os activistas sanitarios.

0.19940400123596