A Plataforma Sanitaria da Mariña reuniuse cos comités de empresa da Alcoa e auxiliares

TerraChaXa | LugoXa
Integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña veñen de manter unha reunión cos Comités de Empresa da factoría e empresas auxiliares, na que lle amosaron e trasladaron de novo todo o seu apoio na loita que veñen mantendo desde hai moitos meses, polo mantemento de preto de mil postos de traballo e pola continuidade da  fábrica de aluminio .
Captura de pantalla 2020 02 05 a las 10.41.07
21 Out 2020

Integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña veñen de manter unha reunión cos Comités de Empresa da factoría e empresas auxiliares, na que lle amosaron e trasladaron de novo todo o seu apoio na loita que veñen mantendo desde hai moitos meses, polo mantemento de preto de mil postos de traballo e pola continuidade da  fábrica de aluminio . 

A industria do aluminio é unha actividade estratéxica e debe seguir producindo aluminio e alúmina nesta comarca; "non se entendería que os gobernos da Xunta e do Estado permitisen que unha multinacional, que se estivo a beneficiar durante moitos ano de subvencións libres de polvo e palla, sen prácticamente facer investimentos, fixera efectiva unha fuxida previa parada das cubas, deixando na rúa a preto dun milleiro de familias e cun impacto brutal sobre a economía da Mariña", din dende a Plataforma.

Manifestación do sábado 24 de outubro en Lugo

A Plataforma Sanitaria adhírese unha vez máis ás reivindicacións da industria do aluminio da Mariña e fai un chamamento a veciños da comarca para que acudan á manifestación que o vindeiro sábado  día 24 sairá  ás 11 horas do edificio multiusos da Xunta de Galicia , en Lugo, e rematará diante da subdelegación do goberno.

0.16521191596985