A Policía Local de Viveiro efectou labores de vixilancia e información nas praias
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa que, coincidindo co primeiro día de bo tempo dende a entrada en vigor da Orde de Sanidade do 5 de xullo, esta tarde houbo labores de vixilancia e información por parte da Policía Local de Viveiro nas praias do municipio.
10 Jul 2020

O axentes supervisaron o control do uso da mascarilla, que é obrigatorio excepto no momento do baño; o respecto á distancia interpersoal, tendo en conta que a superficie de praia a ocupar por cada usuario é de polo menos catro metros cadrados, e o cumprimento do límite máximo de dez persoas por grupo.
Así mesmo, os axentes da Policía Local realizaron labores informativas a través da megafonía das radiopatrullas.