A ponte festiva achega a Antas de Ulla un amplo programa de ocio e lecer
O Concello de Antas de Ulla afronta a ponte festiva de agosto cun amplo programa de ocio e lecer para os veciños e veciñas.
“Son uns días de moitos reencontros, de pasar bos momentos con familiares e amigos que se reúnen en Antas de Ulla”, asegura a alcaldesa, Pilar García Porto.
Mañá sábado, 12 de agosto, celébranse as ‘Noites de Charanga de Antas de Ulla’, desde ás 20:00 horas na praza do Concello.
O luns, 14 de agosto, chegará a quenda do Certame de Bandas de Antas de Ulla, ás 20:00 horas na Praza Nova de Antas de Ulla. Coa participación da Banda de Música de Vilalba, a Unión Musical de Massamagrell e a Banda de Música de Antas de Ulla.
Por outra parte, a parroquia de Casa de Naia celebra as súas festas os días 14, 15 e 16, con paellada popular, orquestas, dj’s, actos relixiosos, pasarrúas e un partido de fútbol de solteros contra casados.