A Pontenova arranxou os accesos a dous núcleos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello da Pontenova ven de arranxar os accesos aos núcleos de Figueirua e San Mamede da parroquia de Conforto, con cargo aos Plans de mellora de camiños de titularidade municipal da Xunta de Galicia.
3 Mar 2020

En total melloráronse algo mais de 2 quilómetros o cal implica umha mellora para os veciños nas comunicacións aos seus domicilios. Os traballos consistirton na reposición do firme e na limpeza de cunetas entre outros.

Esta subvención ascendeu a 58.178 euros e corresponde a do ano 2019-2020 e con ela preténdese acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade municipal de tódolos concellos de Galicia co obxecto de mellorar a calidade de vida da poboación rural.

0.18934392929077