A Pontenova ultima os trámites administrativos da tirolina e da residencia

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
13 Jan 2020

A Pontenova xa está un pouco máis preto de ter a tirolina de 330 metros de lonxitude que unirá a mina Consuelo e o forno Boulloso.

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou en maio o convenio de colaboración entre a Deputación e Concello da Pontenova para esta construción e desde o Concello comunican que xa se atopan na fase de espera dos permisos necesarios para poder licitar a obra. "Esperamos que neste ano, a obra este licitada e rematada" di Darío Campos, alcalde da Pontenova, "pero estamos cos permisos da Confederación e algún máis".

Este proxecto está dotación de 317.605 euros. Desta cantidade, a Deputación achega 300.000 euros e o Concello a parte restante. A maiores, o municipio está a adquirir os terreos necesarios no contorno da mina Consuelo para a súa execución. Esta iniciativa recupera o trazado das vagonetas que transportaban o mineral.

Por outra banda, outro dos principais proxectos do alcalde é ver aberta a residencia de anciáns para os seus veciños. O proxecto está cada vez máis preto de facerse realidade para o vindeiro ano.

As fincas onde se vai emprazar esta residencia están xa adquiridas, "estivemos na finca e entregarán o proxecto de execución neste mes" aclara o alcalde. "O proxecto de execución firmamolo o outro día na última parcela, así que esperamos que o proxecto esté entregados neste mes".

A residencia lles permitirá aos maiores do municipio quedar nun centro da propia localidade e contará con 30 prazas residenciais e 20 de centro de día.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18311882019043