A Praia de Esteiro, en Xove, izou a súa bandeira azul
A Praia de Esteiro, no Concello de Xove, que ininterrumpidamente dende 1999 ven disfrutando da bandeira azul, luce dende este pasado sábado 11 de xullo a nova enseña.
Esta bandeira foi izada polo alcalde Demetrio Salgueiro, quen estivo acompañado das concelleiras de turismo (Cristina Iglesias) e medioambente (Cecilia Duarte), así como por varios dos socorristas que traballan na campaña deste ano.
Xunto coa bandeira azul, foi izada a bandeira de praia sen fume, a cal forma parte dunha campaña coa que se pretende librar de malos fumes as nosas praias. "Con isto animamos aos fumadores a deixar de fumar e facilitamos que os distintos usuarios da praia disfruten dun entorno e un aire máis limpo. Sen dúbida, un aliciente máis para visitar Xove e disfrutar dunha das praias máis bonitas de toda a costa galega", dixo o alcalde.