A praza da Soidade acolle o sábado a Feira do Mel
Presentouse en Lugo a XXVIII edición da Feira do Mel, que reunirá a 15 produtores de todas as zonas de Lugo o vindeiro sábado 28 na praza da Soidade. Este ano volve a feira do mel despois trala suspensión da do ano pasado por mor das restriccións da covid.
A apertura desta feira, que estará situada na praza da Soidade, está prevista para o sábado ás 10 da mañá, e prolongarase durante todo o día até as 20 horas, onde se porán á venda distintos tipos de mel de calidade, producido nas terras de Lugo.
Organízase, dentro da propia feira, unha cata de meles a cargo de representantes do consello regulador da IXP Mel de Galiza. A cata terá lugar ás 12 horas e estará aberta á participación da veciñanza que o desexe ata encher o aforo, que deberá anotarse previamente chamando ao 982 295 037.