A praza de Abastos de Lugo conta cun novo sistema de residuos

LugoXa
A concelleira de Participación e Servizos para a veciñanza, Cristina López, mantivo unha xuntanza coas e cos praceiros para avaliar a posta en marcha do novo servizo
praceiros_lugo_praza_de_abastos
Reunión cos praceiros
20 Maio 2024

A concelleira de Participación e Servizos para a veciñanza, Cristina López, mantivo unha xuntanza coas e cos praceiros para avaliar a posta en marcha do novo servizo de residuos destinado aos negocios do sector da carnicería e peixería nestas dúas instalacións, "garantindo unha mellor xestión dos residuos específicos destes dous sectores".

López afirmou que esta medida se pon en marcha "avanzando para dar o mellor servizo posible á veciñanza, mentres garantimos un bo tratamento dos residuos que se xeran nestas dúas instalacións". A concelleira de Participación agradeceu "a implicación" dos distintos negocios do Mercado e da Praza con este novo sistema de recollida de residuos.

Segundo Cristina López, "seguimos a traballar para facer da Praza e do Mercado lugares de referencia para o comercio local, poñendo novos servizos a disposición de toda a veciñanza para que decidan achegarse a estas instalacións a facer as súas compras". O mercado municipal e a Praza de Abastos contan cunha importante programación de actividades para a promoción dos espazos e dos distintos negocios localizados neles, desde obradoiros infantís para facilitar a conciliación familiar nas mañás dos sábados, ata distintos eventos como un festival de tatuaxes ou campionatos de futbolín e xadrez.

0.19336414337158