A Praza de Abastos e o Mercado Municipal continúan ca campaña 'O noso Mercado é un agasallo'

LugoXa
Continúa a campaña “O noso Mercado é un agasallo” na Praza de Abastos e no Mercado Municipal para incentivar o consumo local
Campaña o noso mercado
Campaña o noso mercado
18 dic 2022

Continúa a campaña O noso mercado é un agasallo segundo lembra aconcelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López para incentivar o consumo na Praza de Abastos e o Mercado Municipal e destacar a importancia de consumir produtos de proximidade no comercio local, especialmente durante a campaña de Nadal.

Cristina López afirmou que “todas as persoas que realicen compras por valor de 40 euros ou máis nos distintos postos da praza recibirán un agasallo”, e destacou o bo inicio desta campaña, “coa que os distintos postos da Praza e do Mercado facturaron máis de 18.000€”. Máis de 460 persoas recibiron xa o seu agasallo nas dúas xornadas de promoción. A campaña continuará en decembro, os dias 17, 24 e 31.

A área de Participación conta cun posto durante os días de promoción no horario de apertura da Praza para que todas as persoas poidan achegarse cos tiques dos distintos negocios da Praza e do Mercado e canxealos polos agasallos que se entreguen ese día, entre os que destacan varios deseños de bolsas reutilizábeis serigrafiadas cos cadros gañadores do certame de Pintura Rápida ou material promocional da Praza e do Mercado.

Campaña mercado