A Praza de Abastos recuperou o Mercado Tradicional de Entroido

LugoXa
A Praza de Abastos recuoperou o Mercado Tradicional de Entroido con produtos de primeira calidade típicos destas datas
Praza de abastos
Praza de abastos
21 Feb 2023

A Praza de Abastos retomou a celebración do Mercado Tradicional de Entroido ata onde se achegaron o tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira responsable da Praza de Abastos e do Mercado Municipal, Cristina López, e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura .

“O Mercado Tradicional de Entroido é unha das datas nas que máis persoas se achegan á Praza de Abastos a desfrutar dos productos de primeira calidade que se comercian nesta instalación”, explicou Cristina López que destacou a boa acollida por parte da veciñanza do Mercado Tradicional despois da reforma do soto da Praza de Abastos. A concelleira tamén destacou que os traballos executados permitiron “mellorar as instalacións e aumentar a calidade calidade do Mercado Tradicional, continuando co obxectivo de dinamizar a praza de Abastos".

"Os mercados son para nós un piar estratéxico para a economía", afirmou Cristina López, que engadiu "o mercado tradicional é un exemplo de fonte de creación de valor engadido para as nosas produtoras e produtores".

A concelleira de Participación lembrou que "desde o Goberno de Lugo continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza opte por realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".

0.16236805915833