A Praza Maior de Lugo acolle o pregón de José Blázquez polo Entroido 2026

LugoXa
A celebración estará amenizada pola agrupación Condensadores de Fluzo e converterá o centro da cidade nun espazo pensado para a festa, con gradas e carpa en caso de choiva
programación-Entroido-Lugo-2026
13 Feb 2026

Esta tarde de venres, ás 20.00 horas, o artista José Blázquez será o encargado de dar o pregón do Entroido 2026 do Concello de Lugo na praza Maior. A celebración estará amenizada pola agrupación Condensadores de Fluzo e converterá o centro da cidade nun espazo pensado para a festa, con gradas e carpa en caso de choiva.

Ademais, este sábado 14 haberá diversas actividades, comezando polo espectáculo para todos os públicos, 'AUCHH!' de Abraham Arzate, na praza Maior ás 12:30, seguido do desfile infantil ás 17:00, coa animación de Tambukda e 'Malabarabilidades' de Fran Boza. A partir das 20:30, a Tambukda animará as rúas do casco histórico.

O domingo 15, a praza Maior acollerá pola mañá o espectáculo 'Frikis' de Mundo Costrini e pola tarde, ás 18:00, celebrarase a Gala de circo Introitus, coa participación de Pakolas, Marta Sempre Arriba, Henriko e Martilda.

O luns 16, continuará a programación coa actuación 'Máximo Óptimo' de Máximo ás 12:30, e pola tarde o Dúo Laos representará “Otros Aires” ás 18:00 na praza Maior. Ás 21:30, Bloco Meigallo animará as rúas do casco histórico.

O Martes de Entroido, 17 de febreiro, destacará o espectáculo 'Consertasso na horta' de Brais das Hortas ás 12:30 e o desfile de disfraces para persoas adultas a partir das 17:00, coa actuación de Tambukda e Carta de ajuste.

A xornada de peche, o mércores 18 de febreiro, comezará co espectáculo 'O mundo de Nono' de Arturo Cobas. Pola tarde, ás 17:30, haberá un concerto de banda e coro infantil da Banda Filharmónica de Lugo, e ás 20:00 terá lugar o Enterro da Sardiña acompañado do concurso de ferretes, con saída desde o Círculo das Artes e a colaboración de Estoupacaldeiros, así como as actuacións da Orquesta Terra Nova e o Orfeón Xoan Montes.

⚙ Configurar cookies
0.082295179367065