A proba Ancares Cycling Marathon estrea percorrido

LugoXa
Mantén a mesma esencia para desfrutar da bicicleta e da marabillosa bisbarra dos Ancares
ancares_cycling_marathon
Cartel
9 jun 2024

De novo, haberá Ancares Cycling Marathon en 2024, que estrea novo percorrido pero mantén a mesma esencia para desfrutar da bicicleta e da marabillosa bisbarra dos Ancares. A cita será o 11 de agosto nos Ancares.

Volve ao municipio gran fondo para descubrir e desfrutar da beleza e da esixencia da montaña lucense. Serán 109,9 quilómetros e 3262 metros de desnivel acumulado para o gran fondo, 81,2 para o medio e 57,7 para o mini.