A Rede Museística Provincial de Lugo organiza actividades para celebrar o Día Mundial das Persoas Migrantes

LugoXa
A xornada marcará o punto de inicio do proxecto de creación do Museo da Migración da Rede Museística Provincial de Lugo
Museo-Provincial-migrantes
16 Dec 2024

A Rede Museística Provincial de Lugo organiza unha xornada con diversas actividades orientadas á reflexión, o intercambio cultural e a creación de espazos de encontro no Día Mundial das Persoas Migrantes.

Estas actividades desenvolveranse no Museo Provincial de Lugo e na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, dando continuidade ao programa 'Culturas en diálogo', no que os museos provinciais traballan desde hai máis dunha década fortalecendo lazos coas comunidades migrantes nas comarcas de Lugo e no resto do país.

Ademais de celebrar a diversidade cultural e sensibilizar arredor desta temática, a xornada marcará o punto de inicio do proxecto de creación do Museo da Migración da Rede Museística Provincial de Lugo, un espazo virtual que ten como obxectivo abordar a migración desde unha perspectiva interseccional, coherente co enfoque da Rede, e fomentar o diálogo intercultural a través da creación e a participación comunitaria.

Como punto de partida dese proceso, que culminará o 18 de maio de 2025 coa posta en funcionamento do espazo virtual,  inaugurarase a exposición temporal 'Museo da Migración da RMPL: punto de partida', que se formula como un espazo de reflexión e escoita no que se poñen en valor as experiencias migrantes relacionadas con Lugo, reivindicando o seu papel na sociedade lucense.

CONSULTA TODA A PROGRAMACIÓN DO DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS MIGRANTES

⚙ Configurar cookies
0.78311800956726