A Rede Museística Provincial de Lugo presenta o catálogo 'O (re)encontro'

LugoXa
O acto terá lugar o 12 de setembro no Pazo de San Marcos e contará con 26 artistas e varias intervencións especiais
re-encontro
31 Aug 2025

A Rede Museística Provincial de Lugo continúa a apostar polas creadoras e creadores, ofrecendo os seus museos como espazos de encontro, experimentación e diálogo coa comunidade.

Este compromiso materialízase no catálogo 'O (re)encontro', que se presentará o venres 12 de setembro ás 19:00 horas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos en Lugo.

No acto estarán presentes Iria Castro Fernández, deputada delegada de Área de Cultura da Deputación de Lugo, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial e coordinadora de DITA Residencias.

O catálogo reúne o traballo dun total de 26 artistas, incluíndo as catro persoas en residencia nesta última edición: Ana Arregui, Miguel Ángel Benjumea, Luciana Rago e Mónica Trastoy Cuba, así como outros 22 artistas participantes: Ruth Montiel Arias, Neves Seara, Christian Villamide, Xosé Reigosa, Basilisa Fiestras, Reme Remedios, Juan José Lomarti, Roi Domínguez Rodríguez, David Fidalgo Omil, Mar Ramón Soriano, Román Corbato, María Xosé Domínguez Varela, Nuria Ruibal, Isabel Alonso, Gema López González, Melania Freire Vázquez, Bibi Martín, José Manuel Vidal Vidal, Senén Olano, Paz Vicente e Marcela Mastroianni.

Tamén participará a comisaria Paula Cabaleiro e haberá unha performance titulada “Babyshover” a cargo de Rubén Pérez Pombo. A presentación convértese así nunha cita para celebrar a creación contemporánea, a memoria compartida e o compromiso cos artistas.

⚙ Configurar cookies
0.15150499343872