A renovación dos espazos do soto da Praza de Abastos avanzan a bo ritmo

LugoXa
O Tenente de Alcalde de Lugo destacou “a renovación integral da contorna da Praza” que está a executar o Goberno Municipal.
praza abastos lugo
praza abastos lugo
21 abr 2021

A renovación dos espazos do soto da Praza de Abastos avanzan a bo ritmo e segundo o Goberno local "agardamos que nas vindeiras semanas os veciños de Lugo poidan desfrutar da Praza de Abastos completamente renovada”.

A obra de rehabilitación do soto permitirá mellorar tanto o espazo adicado ao comercio como as zonas comúns, “que aínda que non son visitadas pola veciñanza, son moi importantes para as persoas que desenvolven a súa actividade comercial na Praza”, afirma o Goberno local. Coa nova distribución, as praceiras e praceiros poderán contar, entre outras melloras, con cámaras frigoríficas de maior tamaño ou de zonas comúns como vestiarios.

As distintas accións que se están a executar no soto para mellorar o espazo e garantir a mellor calidade posible nesta instalación na que dan tamén solución a unha solicitude dos praceiros moi importante, ademais de permitir un mellor aproveitamento dos espazos destinados á venta. 

Desde as áreas de Infraestruturas e Participación están a traballar en mellorar a Praza de Abastos e a súa contorna, con proxectos como a peonalización da rúa Quiroga Ballesteros e as distintas accións postas en marcha para promocionar e mellorar a Praza.