A representación lucense logra varios títulos e podios no Campionato Galego de Billar Pool

O XXXIV Campionato Galego de Billar Pool, organizado pola Asociación Galega de Pool (AGP), arrancou en Lalín Arena coa disputa das competicións por equipos e de parellas escocesas, nas que a representación lucense volveu destacar con excelentes resultados.
Durante os días 3, 4 e 5 de xullo, máis de corenta equipos da delegación lucense participaron nas diferentes categorías da competición, ademais das probas de parellas escocesas, conseguindo un destacado balance de títulos e podios.
Na Primeira Categoría por equipos, os xogadores lucenses Francisco Doval e Óscar Balboa proclamáronse campións galegos formando parte do equipo de Cangas do Morrazo (+Madera de Lugo).
Na Terceira Categoría, o equipo Tiempos Modernos Costa de Marfil, integrado por Sergio Fernández, Daniel Rodríguez, Borja Argerey e Diego Ferreiro, conquistou o título de campión galego.
Tamén houbo éxito na Quinta Categoría, onde o equipo Open Pool 2.puntocero, formado por Karel Rojas, Mar López e René Silvosa, acadou o campionato galego.
Pola súa banda, o equipo Tiempos Modernos Poolmonia, composto por José Sampayo, Héctor Forneas, Adrián Fuentes, Enrique Magide e José Manuel Basanta, proclamouse subcampión galego na Cuarta Categoría.
Nas competicións de Parellas Escocesas, Alfonso Díaz e Rafael Vidal lograron a terceira posición na Segunda Categoría, mentres que Jorge Izaguirre, Jonathan Hidalgo e Juan Antonio Rodríguez finalizaron como subcampións galegos na Terceira Categoría.
O campionato continuará esta fin de semana, entre os días 10, 11 e 12 de xullo, coa disputa das probas individuais nas categorías feminina, júnior, xuvenil, sénior, supersénior e nas diferentes categorías absolutas.
A delegación lucense contará cunha ampla representación de xogadores que aspiran a repetir os éxitos acadados nas competicións por equipos e parellas. En Primeira Categoría competirán Fran Doval, Óscar Balboa, Diego Rey, Javier Raposo e Pablo Rey; en Segunda, Emilio Rego, Luis Dayan, Víctor Castro, Omar Engroba, José Díaz e Sergio Fernández; en Terceira, Daniel Rodríguez, Manuel Somoza e Borja Argerey; en Cuarta, Karel Fernández e Sara Castro; e na categoría feminina participarán Sheila Quiroga, Mar Expósito, Sara Castro e Antía Mera.