A representación teatral O de que? achega o desenvolvemento sostible ao público infantil

LugoXa
Esta fin de semana terá lugar a representación da obra O de que? que buscar dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Obra 'O de que' (2) portada 2
9 sep 2022

Esta sábado terá lugar a representación da obra O de que? do grupo de teatro Atakama que buscar dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) ao público infantil, a través dunha narración amena e divertida, ao mesmo tempo que se promove a toma de conciencia da poboación máis nova e das familias, ante os desafíos aos que se enfronta o planeta. Esta obra é unha iniciativa posta en marcha ao abeiro do Plan de Acción da Axenda Urbana 2030 de Lugo.

A representación, a cargo do grupo de teatro Atakama, será aberta sen necesidade de inscrición previa e totalmente gratuíta. Está especialmente indicada para nenos e nenas de 3 a 10 anos. Celebraranse catro pases de aproximadamente 50 minutos, en catro zonas diferentes da cidade: pola mañá, ás 11:00 horas, na Praza de Anxo Fernández Gómez; e ás 13:00 horas, na Praza da Milagrosa. Pola tarde, ás 17:00 horas na Praza do Castiñeiro; e ás 19:30 horas na Praza de Augas Férreas.

Argumento

Catalina e Miguelito son contadores de contos e de relatos- a súa misión é a de levar a ilusión e a fantasía a todos os lugares do planeta. Nesta ocasión encargaron a Catalina unha importante misión: narrar a importancia dos ODS –Obxectivos de Desenvolvemento Sostible– a todos os nenos e nenas que poidan.

Desta forma cada vez será máis a xente involucrada na loita dun planeta mellor. Catalina está disposta a conseguilo e para iso manda ao seu amigo Miguelito mensaxes en forma de conto para que el tamén aprenda e lle axude no labor. Pero Miguelito, personaxe un tanto despistado, non se leu os contos dos ODS para realizar un bo espectáculo.

O que nun principio parece un caos, convértese nunha narración clara e divertida dalgúns dos principais ODS, na que a participación e implicación do público será fundamental. Traballaranse temas como a reciclaxe, o medio ambiente, a igualdade de xénero, a paz, a fame ou a educación.

En 2015, a ONU aprobou a Axenda 2030 sobre o Desenvolvemento Sostible, unha oportunidade para que os países e as súas sociedades emprendan un novo camiño co que mellorar a vida de todos, sen deixar a ninguén atrás. A Axenda conta con 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que inclúen desde a eliminación da pobreza ata o combate ao cambio climático, a educación, a igualdade da muller, a defensa do medio ambiente ou o deseño das cidades.

Obra 'O de que' (2)
0.21769189834595