A residencia da Pontenova terá 30 prazas e 20 o centro de día

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
13 Nov 2019

Un dos principais proxectos e retos que se marcou o alcalde socialista da Pontenova, Darío Campos, é ver aberta a residencia de anciáns para os seus veciños. O proxecto está cada vez máis cerca de facerse realidade para o vindeiro ano.

O rexedor avanza que se está acabando de elaborar o proxecto construtivo e de execución das obras e xa dispoñen dos permisos da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, xa que o inmoble estará nun lugar privilexiado, no centro da localidade e na nova área recreativa que circundo o río Eo.

As fincas onde se vai emprazar están adquiridas e só falta rematar a escritura dalgunha.

A residencia que lles permitirá aos maiores do municipio quedar nun centro da propia localidade contará con 30 prazas residencias e outras 20 de centro de día.

O alcalde recoñece que hai moita xente interesada en optar as prazas e que as obras estarán rematadas nun ano.

0.19731998443604