A Retorta celebrará as festas na honra da Virxe do Carme os días 7, 8 e 9

LugoXa | TerraChaXa
A programación arrancará o venres 7 cunha churrascada prevista para as 22.00 horas
festas-a-retorta
5 Aug 2026

A parroquia da Retorta, no concello de Friol, celebrará os días 7, 8 e 9 as tradicionais festas na honra da Virxe do Carme cun programa que combinará actos relixiosos, gastronomía e música para todos os públicos.

A programación arrancará o venres 7 cunha churrascada prevista para as 22.00 horas. A continuación dará comezo a verbena, que estará amenizada pola actuación de Nerea Cobas.

O sábado 8 será a xornada central das celebracións. Ás 13.30 horas celebrarase a misa solemne seguida da procesión e da sesión vermú coa actuación de Fuxsion Latina. Pola noite, a mesma formación volverá subir ao escenario para poñer música á verbena.

As festas concluirán o domingo 9 coa misa solemne e a procesión, tamén ás 13.30 horas, seguidas da sesión vermú amenizada polo Dúo Eclipse. A partir das 19.30 horas, o mesmo grupo musical protagonizará a sesión de tarde, que servirá como peche dunha fin de semana festiva na parroquia da Retorta.

0.13420104980469