A romaxe de San Caetano en Barreiros atraerá pola súa Festa da Tortilla
A comisión organizadora da Romería de San Caetano presentou hoxe a programación e os actos que se desenvolverán os días 16 e 17 de agosto na parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos, entre os que destaca a celebración da Festa da Tortilla, que vai xa pola XXIV edición.
A oferta lúdica, musical, e gastronómica que ofrece a asociación “Irmandade San Caetano” para estes días é ampla e variada, deste xeito, o día 16, e para quentar motores haberá a Cea de San Caetano, con torrezomso, chourizos e empanada, e a actuación do grupo de música tradicional Xaramolo e o grupo pop-rock Almas de Contrabando.
O día 17 haberá concurso de tortillas, elaboración dunha tortilla xigante, concurso Máster Tortilla elaborando os concursantes as tortillas no mesmo campo da festa. Haberá tamén xogos tradicionais e unha ampla oferta musical tamén, co dúo Chechu e Salva, a charanga Lou Band e o músico Paco Nogueiras, que fará as delicias de pequnos e maiores.
Os romeiros poderán asistir tamén á misa e á procesión que se celebra na capela ás 13 horas.
E todos os asistentes poderán disfrutar tamén da xuntanza de motos clásicas, vespas e lambretas, que se celebrará tamén o día 17 en San Caetano.
A festa rematará coma todos os anos co Baile do Farolillo e con unha chocolatada.
Según manifestan os organizadores, esta romería sigue conservando a esencia das nosas festas, romerías e verbenas, as nosas festas dos palcos de lona de sempre, recalcan.