A rúa García Portela e a praza de Avilés contarán con novo alumeado público

LugoXa
La calle García Portela y la plaza de Avilés contarán con nuevo alumbrado público. Se sustituirán 35 luminarias.
alumeado publico rua garcia portela lugo
25 Abr 2022

O concelleiro de infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, informou da última actuación que está a executar o Goberno de Lugo avanzando na renovación da rede de alumeado público, que se está a executar na rúa García Portela e na praza de Avilés. En total, substituiranse 35 luminarias de 100W, por LEDs de 53, permitindo un importante aforro enerxético nesta zona

Alexandre Penas explicou que "con esta actuación avanzamos na mellora da rede de alumeado público da cidade e melloramos do mesmo xeito a imaxe desta zona", e engadiu "avanzamos na instalación de alumeado LED de baixo consumo, que permite unha boa capacidade lumínica reducindo o consumo enerxético e as emisións de substancias contaminantes emitidas á atmosfera pola rede de alumeado público da cidade".

Desde a concellería de Infraestruturas continúase a investir na renovación da rede de alumeado, con distintos proxectos postos en funcionamento por toda a cidade, que se executarán durante o 2022. Nos últimos dous anos a área de Infraestruturas renovou o alumeado en múltiples zonas da cidade, instalando novas luminarias en rúas que non contaba con alumeado público, e reducindo a cantidade de luminarias con elementos contaminantes, como o vapor de sodio ou de mercurio instaladas na cidade.

0.19136905670166