A ruleta da sorte do comercio chega a Vilalba

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Vilalba acollerá este venres, 22 de xuño a campaña Ruleta da Sorte, da Federación de Comercio de Lugo,  e coa que se pretende incentivar o comercio de proximidade.
21 Xuño 2018

O Concello de Vilalba acollerá este venres, 22 de xuño a campaña Ruleta da Sorte, da Federación de Comercio de Lugo,  e coa que se pretende incentivar o comercio de proximidade.

A iniciativa desenvolverase durante toda a xornada e repartirá máis de 200 agasallos entre os clientes que presenten un ticket de compra dos establecementos de proximidade de Vilalba, que realizaran unha ou varias compras entre o 15 e o 22 de xuño, por importe mínimo de 10 euros. O sorteo terá lugar a partir das 11.00 horas, no lugar de ubicación da ruleta, na praza da Constitución desta localidade.

A Ruleta da Sorte está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria-Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Novogal e a Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba.

O arranque da ruleta contará coa presencia do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas; o presidente da Asociación de Empresarios de Vilalba, Álvaro Fraga; e o concelleiro de Comercio local, Amador Guerra.

0.12484884262085