A ruta solidaria ‘Xuntos e seguros, camiñamos’ reúne participantes en favor de Raiolas Lugo

LugoXa
A terceira edición da iniciativa, organizada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo e a Garda Civil, completou un percorrido de 10 quilómetros polo Camiño Primitivo
andaina-solidaria-raiolas-lugo
21 Sep 2026

A terceira edición da ruta solidaria ‘Xuntos e seguros, camiñamos’ celebrouse con éxito cun percorrido de 10 quilómetros polo Camiño Primitivo, nunha xornada que combinou deporte, convivencia e solidariedade a favor de Raiolas Lugo.

A iniciativa, organizada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo xunto coa Garda Civil e patrocinada pola Xunta de Galicia, reuniu un gran número de participantes nunha actividade destinada a apoiar o labor que desenvolve Raiolas coas persoas con autismo e as súas familias.

A ruta comezou en Bascuas e rematou na Catedral de Lugo, despois de completar un tramo do Camiño Primitivo. As persoas participantes desprazáronse desde a Praza de Bretaña ata o punto de inicio do percorrido para iniciar posteriormente a camiñada.

A recadación desta edición destinouse integramente a Raiolas Lugo, contribuíndo así ao financiamento e visibilización do traballo que desenvolve a entidade no ámbito do autismo.

A organización destacou o carácter solidario da xornada e o apoio recibido para sacar adiante unha iniciativa que permite unir a práctica deportiva e o Camiño de Santiago coa colaboración social e o compromiso coa inclusión.

0.14820790290833