A sarriá Yolanda Díaz Gallego presentou en Lugo o seu libro sobre a historia da emigración galega a Uruguay

LugoXa | SarriaXa
Efrén Castro aproveitou o acto para felicitar á autora polo Premio Facer País, que vén de concederlle a Asociación Cultural Val de Láncara
presentación-libro-sobre-emigración-a-Uuruguay-Yolanda-Díaz-Gallego
5 Nov 2024

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro acompañou á sarriá Yolanda Díaz Gallego na presentación en Lugo do seu libro 'Decidín desvelar o proceso. Na galeguidade asentouse o compromiso. Acción e evolución no Uruguay 1954-1978)', que recolle a historia da emigración galega a Uruguay a través das súas propias vivencias.

No acto, a escritora lembrou episodios do seu activismo feminista e galeguista como as gravacións para a emisión do espazo Sempre en Galicia na emisora uruguaia Rádio Carve ou a organización de actividades e eventos culturais para recoller fondos para a musealización da Casa da Matanza de Padrón para a que enviaron 60.000 pesetas desde o país sudamericano.

Tamén lembrou a súa militancia antifascista e a colaboración con representantes do goberno español no exilio tras o golpe de Estado do 36. Nese sentido explicou que a chegada de exiliados foi determinante para a ideoloxización da comunidade galega instalada na contorna do Río da Plata, formada fundamentalmente por persoas traballadoras sen unha militancia política previa.

Efrén Castro aproveitou o acto para felicitar á autora polo Premio Facer País, que vén de concederlle a Asociación Cultural Val de Láncara, recoñecendo o seu compromiso galeguista.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18650197982788