A segunda edición do Nadal Fest achega a música urbana a Lugo
O Patio do Seminario acollerá mañá a segunda edición do Nadal Fest a partir das 19.30h, e que inclúe unha serie de concertos da mellor música urbana actual.
O cartel deste ano está conformado polo artistas Kyr4, Bejo e Luna Ki. A entrada aos concertos será libre e gratuíta para un aforo aproximado de 2.000.
Kyr4 (A Coruña, 1999). Iniciou no mundo do hip hop este ano co seu tema ‘Cantandote al oído’, que axiña se converteu nun fenómeno viral, espertando o interese do gran público. Con só 23 anos preséntase por primeira vez en Lugo á vez que traballa no seu primeiro disco, que verá a luz a principios de 2023.
Bejo (Tenerife, 1994). É un dos artistas máis interesantes e polifacéticos do rap nacional. Desde as súas actuacións con Locoplaya aos seus concertos, Bejo expón os seus espectáculos como unha festa fóra de calquera tópico que, ademais de gañarse o interese mediático, levoulle a estar presente nos carteis dos mellores festivais e a cruzar o charco para USA, México, Ecuador, Colombia, Chile e Arxentina. Será a súa primeira vez en Lugo en solitario.
Luna Ki (Barcelona, 1999). Empezou a cantar para canalizar na música toda a dor, a incomprensión e o desprezo que sufriu na adolescencia; e isto reflíctese dunha maneira ou doutra en todas as súas cancións. En 2018 publicou o seu primeiro tema e, en pouco tempo, os seus fans convertéronse en lexión.