A Semana Santa de Viveiro este ano é virtual
A Semana Santa de Viveiro este ano será virtual por mor da crise sanitaria que está a acontecer.
A Xunta de Confrarías decidiu emitir gravacións de todas as procesións, a maior parte corresponde a imaxe do ano pasado, e así coincidirán coas correspondentes procesións de cada día.
A primeira foi o venres 3 coa saída da Virxe das Dores, e poderanse ver nas canles da internet, como no Facebook https://www.facebook.com/SEMANASANTADEVIVEIRO/ ou en Youtube https://www.youtube.com/channel/UCbfUpjqHs6-rFsfdHYTZ_hg.
As procesións emitiranse os días de Semana Santa ás mesmas horas en que sairían polas rúas.
O Bispado de Mondoñedo-Ferrol comunicou a opción de celebrar os actos de Semana Santa noutras datas alternativas; a Xunta de Confrarías descarta pasar a outras datas as grandes procesións de Xoves Santo e Venres Santo, pero o que si farán e algunha cousa especialcando pase toda esta emerxencia e estado de alerta.