A situación de Alcoa e o paro na Mariña centraron parte do mitin popular en Burela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O cabeza de lista do PP ao Congreso manifestou que "nunca un Goberno fixo tanto dano á Mariña como o de Pedro Sánchez," e díxoo durante o mitin de Burela, no que tamén participou a presidenta provincial do partido defendendo que "o Partido Popular é o único capaz de xerar emprego como xa ten demostrado noutras ocasións e en contextos de dificultades".
8 Nov 2019

O cabeza de lista do PP ao Congreso manifestou que "nunca un Goberno fixo tanto dano á Mariña como o de Pedro Sánchez," e díxoo durante o mitin de Burela, no que tamén participou a presidenta provincial do partido defendendo que "o Partido Popular é o único capaz de xerar emprego como xa ten demostrado noutras ocasións e en contextos de dificultades". De Olano criticou que "Sánchez garde silencio ante un dos meirandes retos na actualidade para o Goberno como é o paro que acada a peor cifra dende o ano 2012 e que na Mariña afecta a máis de 3.400 persoas que se atopan en desemprego, un 23 por cento máis que hai dous meses".

Os populares amosaron a súa preocupación polo futuro de Alcoa polo que Jaime De Olano sinalou que "agora que tamén hai eleccións ao comité de empresa, agardo que sigamos defendendo entre todos o emprego en Alcoa e a aprobación do estatuo para a industria electrointensiva" e incidiu tamén no compromiso de Pablo Casado coa industria galega ao facer súas as propostas máis inmediatas que lle trasladou o goberno galego.

Os populares recordaron que "a división do voto de centro dereita só favorece ao PSOE". A conselleira de Educación, Carmen Pomar, que tamén interveu no mitin, puxo en valor os orzamentos do goberno galego para o 2020. O candidato á alcaldía de Burela, Manuel Rouco, afeou que “o PSOE burelés se bote nas mans dos nacionalistas igual que o fai Pedro Sánchez no Goberno do Estado” e criticou que “o goberno local non fose capaz de asinar a declaración institucional en defensa de Alcoa e o emprego da planta que rubricaron por consenso os distintos Grupos na Deputación e no Parlamento de Galicia”.

0.24109101295471