A Sociedade Filarmónica de Lugo ofrece un concerto extraordinario de Nadal

LugoXa
O Arundo Donax Ensemble interpretará obras de Bach, Mozart e outros clásicos no Círculo das Artes
Arundo-Donax-Ensemble-Tomás-Cumbraos
18 Dec 2025

A Sociedade Filarmónica de Lugo anuncia un concerto extraordinario de Nadal que terá lugar o venres 26 de decembro de 2025, ás 20:00 horas, no Círculo das Artes de Lugo. A entrada será de balde ata esgotar localidades.

O Arundo Donax Ensemble, baixo a dirección de David Fiuza, interpretará un programa que inclúe obras de J. S. Bach, W. A. Mozart, P. Mascagni, G. Bizet, J. Brahms, C. Debussy e A. Gorb, prometendo unha velada musical de gran calidade para todos os asistentes.

⚙ Configurar cookies
0.080771207809448