A Sociedade Filarmónica de Lugo programa 11 concertos para esta temporada

LugoXa
Esta temporada contará con 11 concertos e todos terán lugar no Círculo das Artes ás 20.00 entre o vindeiro 22 de setembro e o 3 de maio
filarmonica portada
16 sep 2022

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro presentou a nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo.

Esta temporada contará con 11 concertos e todos terán lugar no Círculo das Artes ás 20.00 entre o vindeiro 22 de setembro e o 3 de maio de 2023.

Maite Ferreiro lembrou que “desde a área de Cultura continuamos coa nosa aposta firme pola realización de actividades culturais de calidade demostrada a nivel galego, estatal e internacional” e engadiu “o compromiso da sociedade Filarmónica por manter esta actividade xa consolidada no calendario cultural de Lugo”. 

A programación desta tempada  achega a Lugo a músicos destacados a nivel galego, estatal e internacional contando coas tres agrupacións máis importantes de Galiza, con concertos da Real Filarmonía de Galiza, a Orquestra Sinfónica de Galiza ou a Orquestra Sinfónica Vigo 430. 

Programa conciertos filarmonica
0.19668507575989