A Sociedade Micolóxica Lucus organiza un curso práctico de iniciación aos cogomelos

LugoXa
A actividade combinará unha saída ao campo cun obradoiro de identificación e terá lugar o sábado 17 de outubro
cogomelos-micoloxia
8 Oct 2026

A Sociedade Micolóxica Lucus organiza o sábado 17 de outubro un curso totalmente práctico de iniciación á micoloxía, pensado para persoas que queiran achegarse ao mundo dos cogomelos desde cero.

A actividade, que será de 10.00 a 14.00 horas, comezará cunha saída ao campo con punto de saída no Colexio Galén, na que os participantes poderán coñecer os conceptos básicos e observar os cogomelos no seu hábitat.

Posteriormente, celebrarase un obradoiro de identificación no que se resolverán as dúbidas dos asistentes e se afondará no recoñecemento das diferentes especies.

A participación será gratuíta para as persoas socias da Sociedade Micolóxica Lucus, mentres que o prezo para as non socias será de 5 euros.

0.1820080280304