A Sociedade Micolóxica Lucus prepara a XIX Exposición de Cogomelos

LugoXa
A Sociedade Micolóxica Lucus prepara unha nova edición da súa tradicional mostra do outono, a XIX Exposición de Cogomelos.
xIX Exposicion de Cogomelos da Sociedade Micoloxica Lucus 1
27 Out 2021

A Sociedade Micolóxica Lucus prepara unha nova edición da súa tradicional mostra do outono, a XIX Exposición de Cogomelos.

Este evento será o domingo día 7 de novembro no Colexio Rosalía de Castro de Lugo, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas.

Na mostra poderase ver unha ampla representación de cogomelos autóctonos perfectamente identificados co seu nome científico, o nome común, o seu hábitat, e a súa comestibilidade ou toxicidade. Como na anterior edición, poderá verse, a través dunha proxección, as principais especies de cogomelos comestibles e velenosos, así como o xeito máis doado e seguro para identificar as distintas especies.

xIX Exposicion de Cogomelos da Sociedade Micoloxica Lucus
0.21301293373108