A Subdelegación do Goberno acolle a exposición 'Cuestión de Xénero. Nin raza nin bandeira'

LugoXa
A Subdelegación do Goberno acolle a exposición 'Cuestión de Xénero. Nin raza nin bandeira' con motivo do 25N
Cuestión de xénero exposicioin
Cuestión de xénero exposicioin
21 Nov 2022

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, inaugurou  exposición Cuestión de Xénero. Nin raza nin bandeira, impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedoras Lucenses (AXEL), que ten como protagonistas a mulleres vítimas de violencia de xénero. Fíxoo acompañada de representantes do colectivo lucense e de Pepa Arte e Diseño, e Academia Attelier, que colaboraron con este proxecto.

Esta mostra, que acolle a Subdelegación do Goberno en Lugo ata o 9 de decembro, forma parte da programación de actividades que organiza a Delegación e a Subdelegación con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia.

A exposición é unha iniciativa de AXEL que amosa o traballo realizado polas alumnas do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero. A colección permite coñecer un pouco máis os países de orixe das participantes, a través de fotografías, textos e cadeiras restauradas polas mulleres, e inspiradas nos símbolos, costumes e tradicións de cada territorio. Concretamente, os países presentes son Brasil, Colombia, Togo, Romanía, República Dominicana, Marrocos e España, ademais de Galicia.

A posta en escena da exposición levouse a cabo unido as cadeiras de todos os países con cintas de cor violeta e morado á cadeira de Galicia, representando así a unión de todas estas mulleres que residen en Galicia e que comparten a condición de mulleres vítimas de violencia de xénero.

As persoas interesadas poden visitar a exposición na Subdelegación do Goberno en Lugo, de luns a venres, de 9:00 a 17:30 horas.

0.18679404258728