A surfista viveirense Lucía Martínez foi campiona en sub 12 mixto do campionato galego xuvenil de surf
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro quere felicitar publicamente á surfista viveirense Lucía Martínez, tras resultar vencedora na categoría Sub 12 mixto do campionato galego xuvenil de surf, celebrado este fin de semana na praia de Caión, na Laracha (A Coruña).
21 Out 2020

Esta gran victoria súmase aos éxitos que Lucía vén recollendo nos últimos tempos, tanto a nivel galego como estatal, que son unha mostra do seu bo facer e dos que nos sentimos profundamente orgullosos.
“A nosa máis sinceira felicitación para Lucía Martínez e para o seu club, o Viveiro Surfing Family, por este gran resultado”, engade o Concello.