'A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza' chega a Burela
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
9 Feb 2020
Burela acollerá a obra de teatro con monicreques de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
A obra serña o 15 de febreiro ás 18.00 horas no auditorio municipal de Burela, e a entrada ten un prezo de 2,50 euros.
A historia trata sobre unha toupa que ao saír do seu burato algo lle caeu na cabeza.
Logo, percorrerá a granxa investigando, moi indignada, cal dos animais que alí viven fixéralle semellante agravio, como a pomba, o cabalo, a lebre…
Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaticen coa toupa, ferida no seu orgullo.
Nenas, nenos e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, con todo, non sempre aparece en escena.